A Viaxe ata os confíns da Maxia

Ao remate dun espectáculo de Maxia do antigo Mago Mauro, unha nena preguntoulle se coñecía Magas e Magos de outras partes do Mundo e as súas Maxias; ao que o Mago tivo que responder que non; provocando unha inquietude extremadamente inquietante como para poder estarse quieto ao decatarse de que non sabía onde existía a Maxia.

Así comeza o seu percorrido polas Maxias do Mundo; dende a China Popular e a non tan Popular ata aos Desertos máis impopulares. Pasando polos recunchos máis fermosos e místicos do noso planeta e incluso dando algún paseo por algunha constelación que outra. Sempre aprendendo Maxias novas e coñecendo a novas xentes Máxicas pero en ningún momento acadando a plenitude que busca coa solución á súa dubida.

Na que terminou sendo a súa última parada antes do regreso á casa, un chisquiño antes de comezar a pensar en darse por vencido; o Mago Mauro atopa a Maxia que o cambiará todo. Descobre a importancia e o valor das cousas máis pequenas e sinte ao fin a Maxia que posúen. Comeza así o seu novo camiño, o de volta, no que aprende que a Maxia existe en todo, en todas e en todos; aprende que todo é máxicamente perfecto se sabemos miralo.

DOSSIER MAGO MAURO

Advertisements