Sobre nós

Pallaso Piruleta&Cia é froito das experiencias dun grupo de educadores que viron o potencial que tiñan as artes escénicas e a animación sociocultural como ferramenta pedagóxica na infancia. Con este convencemento, en 2003 surxe a nosa produtora da man de Roberto Vázquez, artista multidisciplinar (clown, malabarista, mago e actor), educador infantil e director teatral.

Pallaso Piruleta&Cia é unha fábrica de soños, de momentos únicos e máxicos, de ilusións; onde creamos proxectos personalizados que nos diferencian por fusionar clown, circo, maxia, teatro, cine, música, títeres, …
En todos estes anos producíronse e puxéronse en escena máis de medio centenar de obras teatráis, dúas curtametraxes, un documental, un audiolibro e a publicación do libro ilustrado “El Anónimo”.

Na actualidade traballamos nos diferentes circuitos teatráis da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e damos cobertura a unha ducia de empresas privadas de organización de eventos, coas que desenrolamos propostas para a “Junta de Castilla y León”, “Principado de Asturias”, marcas comerciáis, coordinación de programas diversos, …

Pallaso Piruleta&Cia é sinónimo de profesionalidade, pasión polo noso oficio e calidade.

 

Durante todos estes anos son much@s os que pasaron a formar parte desta familia farandulera…
A tod@s, GRAZAS por facer Pallaso Piruleta&Cía.

Advertisements