Teatro musical “A aventura máxica na biblioteca”

O excéntrico bibliotecario Don Renato afrontarase desta volta a un complicado
problema: atopar un agasallo de aniversario para un amigo especial en tempo récord.
Pra acometer esta misión axúdase de todo o que ten a man na súa Biblioteca Máxica:
música, contos, seres fantásticos, e incluso chegará a pedir axuda @s soci@s que
pasen por alí ese día. O tempo se esgota, ¿será capaz Don Renato de saír airoso de
semellante reto?
Nesta cuarta aventura da saga “A Biblioteca Máxica” continuamos apostando pola
mesma impronta escénica recurrindo ás ferramentas que tantos anos levamos
tratando con éxito, utilizando o fomento da lectura, a linguaxe clown, o ilusionismo, a
música en directo e a interacción constante có público.

Dossier Teatro musical A aventura máxica na biblioteca

Advertisements